O SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés prepárase para o seu desembarco en Fitur. Faino, de novo, coa vista posta no mercado chinés. De feito, o ente comarcal xa ten pechada unha importante reunión cunha touroperadora do xigante asiático. Nesta edición terán un especial protagonismo os concellos de Meis e Cambados.
A Mancomunidade do Salnés aproveitará o seu paso por Fitur para celebrar en Madrid diversas reunións. A pouco máis de dúas semanas, o ente comarcal xa ten pechada un encontro con Lotarías do Estado para facer unha serie da comarca. Hai tamén xuntanzas con varias empresas tecnolóxicas e encontros con touroperadores. Neste caso, un dos mercados que máis interesa é o chinés.
Este ano os concellos que terán un peso destacado en Fitur, dentro do espazo da Mancomunidade, serán Cambados e Meis. A localidade aproveitará para poñer en valor a súa riqueza natural.
A presidenta da Mancomunidade descarta que o PP boicotee a presenza do ente comarcal na principal feira de turismo de España. Celebra que o alcalde de Sanxenxo, o popular Telmo Martín, confirmase xa a súa presenza en Fitur.
O Concello de Vilanova confirmou xa a Canal Rías Baixas que ten intención de acudir a edición deste ano de Fitur. Iso si, a través da Xunta.