O Tribunal Supremo avala a continuidade de ENCE en Lourizán

PONTEVEDRA> ENCE continuará en Lourizán ata o ano 2073. O Tribunal Supremo dá por boa a prórroga concedida á pasteira polo goberno de Mariano Rajoy e desbota a sentenza da Audiencia Nacional que a declarara nula.

O Tribunal Supremo dá por boa a prórroga concedida a ENCE polo goberno de Mariano Rajoy. A Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo decidiu estimar os recursos presentados pola pasteira e outras entidades contra a sentenza da Audiencia Nacional. Recordemos que no seu pronunciamento anulara a prórroga de 60 anos da concesión de ocupación dun territorio de dominio público marítimo-terrestre. Esta decisión do Tribunal Supremo permite a ENCE manterse en Lourizán ata o ano 2073.

A sala considera que se poden prorrogar as concesións anteriores á Ley General de Costas de 1988 sempre que existan informes medioambientais favorables. O Tribunal Supremo apunta que este é o caso da pasteira de Lourizán.

O contido íntegro das sentenzas darase a coñecer nos vindeiros días. Contarán co voto particular da maxistrada Ángeles Huet.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí