Unha cidade para os máis pequenos

PONTEVEDRA> Como viven os nenos en Pontevedra. Ese era o obxectivo do concurso “A cidade en imaxes”. A través de fotografías, esta iniciativa do Concello en colaboración con Taller Abierto, intentaba mostrar os beneficios que ten o modelo de cidade para as familias. Os traballos gañadores están dende hoxe expostos na Praza de Ourense.

Un dos obxectivos principais do modelo de cidade de Pontevedra sempre foi que os máis pequenos tivesen autonomía e gañasen en calidade de vida. Para demostralo naceu esta iniciativa. O concurso “A cidade en imaxes” pretendía mostrar, a través de fotografías, como viven os nenos e nenas no espazo público.

Na iniciativa participaron tanto fotógrafos afeccionados como profesionais. O gañador foi el, Carlos.

Tras o éxito desta primeira edición, a organización espera que veñan moitas máis. Iso si, os que se queiran presentar, deberán ter coidado co que se promete.

A exposición cos tres mellores traballos pode visitarse na Praza de Ourense de Pontevedra.

Comments are closed.