O PP solicita a creación dunha comisión para valorar as transferencias á Xunta

Pontevedra> Dende o PP provincial valoraron positivamente o ambiente de cordialidade no que discorreu a reunión entre Xunta e Deputación. Iso sí, dende as filas populares, consideran que dende o Goberno Provincial debería ter levado os deberes feitos en materia de transferencias. O PP provincial valorou esta mañá positivamente o ambiente de cordialidade e a vontade de diálogo que a presidenta da Deputación deixou sobre a mesa na reunión que na pasada tarde mantivo co presidente da Xunta de Galicia. Un encontro no que se falou e moito das transferencias entre a Deputación e a Xunta de Galicia, o que lamentaron dende as filas populares é que o goberno provincial non levara os deberes feitos. Outro dos asuntos que criticaron dende o PP foi a petición da Presidenta para que a Xunta teña un plan onde se especifiquen a onde van a parar os cartos e canto se inviste en cada concello. Ángel Moldes dixo que non entende esta petición, cando di, na deputación quedou claro no pleno do venres que se realiza a libre disposición. Dende as filas populares agardan que esta actitude de Carmela Silva se manteña tamén na provincia para que así teña a ben recibir a todos os alcalde do PP que, din, ten abandonados e que non recibe dende que chegou a presidencia da Deputación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/28/pp_valoracion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/28/pp_valoracion.mp4{/flowplayer}