O Pazo de Lourizán conta coa camelia máis grande do mundo

Pontevedra> O Pazo de Lourizán posúe a Camelia máis grande do mundo. Esta planta mide 20 metros e medio e data de finais do século XIX. Dende a estación fitopatolóxica de Areeiro cren que por plantas como esta, a camelia é, sen dúbida, un gran potencial turístico para as Rías Baixas. A Camelia é a planta por excelencia da provincia de Pontevedra. Para coñecer máis sobre esta planta achegámonos ata a estación fitopatolóxica de Areeiro. Alí coñecemos todos os méritos turísticos que nos achega a Camelia. Dende a Deputación de Pontevedra sempre están traballando en potenciar esta planta, co té de camelia o aceite ou incluso como produto para a cociña. O pazo de Lourizán conta coa camelia máis grande do mundo, que mide, 20 metros e medio e data do ano 1870-1880. Esta bióloga ten moi claro que a camelia engancha e deixounos sobre a mesa toda a información que precisan os interesados nesta planta. O Castelo de Soutomaior e o Pazo de Rubiáns teñen xa o distintivo de xardín de excelencia Internacional da Camelia. En febreiro do 2018 saberemos se finalemente A Saleta, en Meis, ou Quinteiro da Cruz, en Ribadumia, conseguen tamén este distintivo internacional. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/01/camelia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/01/camelia.mp4{/flowplayer}