A sentenza do TSXG deixa, unha vez máis, aberta a contrución de crematorios na cidade

Pontevedra> Os crematorios de Pontevedra volven á palestra. A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a modificación do PXOM aprobada para frear a instalación de crematorios na cidade é, segundo a concelleira de Urbanismo, un problema para a capital do Lérez e sobre todo para os veciños. Unha sentenza, que segundo Gulías, deixa a Pontevedra peor que ao principio de todo este proceso. Cando parecía que as augas estaban tranquilas en relación á situación dos crematorios na cidade, o ciclón volve a poñelas revoltas. A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula as modificacións puntuais do plan xeral de ordenación urbanística deixa a Pontevedra na mesma situación que no 2014 en relación aos crematorios na cidade. No 2014 había ata 5 crematorios en marcha, algo que a concelleira de urbanismo considera desorbitado, polo se optou por modificar o PXOM para establecer criterios máis restritivos, agora, coa anulación deste trámite, todos os proxectos que se presentaron no seu día volven a ter vía libre para construír os crematorios que impulsaban. Anabel Gulías considera que agora nos atopamos nunha situación peor que no 2014. Dende o concello teñen en mente recorrer esta sentenza, e agardan que tamén o fagan dende a Xunta de Galicia, sobre todo, pensando no ben da cidadanía. De todos os xeitos dende o Goberno local dixeron que antes de dar ningún paso, manterán reunións para coñecer de primeira man cal é, unha vez máis, a posición dos veciños.