PONTEVEDRA> Cidadáns tamén saíu hoxe a rúa para achegar as súas propostas aos pontevedreses. No seu programa electoral, o candidato á alcaldía, Goyo Revenga, propón a creación dunha Oficina Pontevedresa de Atención Cidadá. O obxectivo desta idea é axilizar os trámites administrativos tanto dos veciños que viven no centro como dos que viven no rural.
Unha Oficina Pontevedresa de Atención Cidadá en Monte Porreiro e na Parda, e outra móbil que percorra o rural. Esa é unha das propostas do programa electoral de Cidadáns que ten como obxectivo principal axilizar os trámites administrativos a todos os pontevedreses.
O candidato á alcaldía percorreu esta mañá o centro da cidade para achegar todas as súas propostas aos veciños. A acollida, de momento, está sendo moi positiva.
O transporte urbano, os servizos sociais e a actividade cultural e deportiva son algúns dos eixes da campaña electoral de Cidadáns. Unha campaña coa que Goyo Revenga está convencido de que o seu partido dará unha sorpresa nestas eleccións.