As Rías Baixas contaron cunha ocupación media do 50% na Ponte da Constitución

Pontevedra> As Rías Baixas contaron cunha ocupación do 50 por cento na ponte da Constitución. Uns datos que se sitúan por debaixo do estimado. A cicloxénese explosiva Ana tivo a súa repercusión neste resultado. O Turismo rural acadou unha ocupación media do 35,14 por cento, 25 puntos máis que no mesmo período do 2016. A Presidenta da Deputación deu a coñecer esta mañá os datos de turismo que nos deixou a Ponte da Constitución nas Rías Baixas. A provincia de Pontevedra contou cunha ocupación media do 50 por cento, un resultado inferior ao agardado, a cicloxénese Ana tivo algo que ver nestes datos. Pese a isto na Ponte da Constitución Pontevedra contou con 10 puntos máis de ocupación en relación ao 2016. Por comarcas o Salnés contou cunha ocupación do 71,64 por cento, Pontevedra do 61 e Caldas, tamén do 61 por cento. O Turismo Rural deixou datos positivos para a provincia cunha media de ocupación do 35,14 por cento. Con estes resultados a Presidenta lembrou que Pontevedra vivíu neste 2017 os mellores datos turísticos da última década. Carmela Silva tamén anunciou que en relación a este sector tan importante para a provincia, o 19 deste mes de decembro se presentará o Plan estratéxico de turismo.