A viticultura da D.O. Rías Baixas chegará a Estados Unidos co programa V is for Vino de Amazon Prime

PONTEVEDRA> A Denominación de Orixe Rías Baixas chega á televisión dos estados unidos. O programa de Amazon especializado no viño, V is for Vino, realiza esta semana nas rías baixas a gravación dun dos seus capítulos. A súa emisión será en abril e permitirá á DO aumentar a súa demanda en norte América.

A Denominación de Orixe Rías Baixas non deixa de crecer ano tras ano e aumentar a súa demandan a nivel nacional e internacional. Un crecemento que non pasa desapercibido para os amentes do viño de todo o mundo. Tal é o interese na DO que o programa estadounidense de Amazon Prime, V is for Vino, está gravar estes días un capítulo sobre a viticultura das Rías Baixas.

Dende a DO cualifican de fantástica a gravación do programa. Unha oportunidade para mostrar nos Estados Unidos toda a riqueza que rodea á viticultura nas Rías Baixas.

Segundo explican, o equipo da produtora tamén quedou fascinado coas adegas da DO, coas rías e tamén con Santiago. O programa especialízase nos viños de todo o mundo e a emisión permitirá aos viños das Rías Baixas chegar directamente a un público especializado.

As vendas da DO nos Estados Unidos supoñen o 27% das exportacións, o que se repercute nunha facturación de máis de 12 millóns de euros. O programa emitirase en abril para unha audiencia de máis de 400 mil persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí