NOIA> Os deputados de En marea Iolanda Díaz e Antón Gómez Reino, levarán ó Congreso dos Deputados o asunto da rexeneración da Ría de Noia ou a problemática dos emigrantes retornados. Esta mañá reuníronse coa Marea Cidadá de Noia para tratar estes puntos. Iolanda Díaz e Antón Gómez Reino, deputados de En Marea no Congreso, mantiveron unha xuntanza esta mañá coa Marea Cidadá de Noia, así como con diversos colectivos da comarca, para coñecer de primeira man as principais problemáticas da veciñanza da zona, e así solicitar as posibles solucións no Parlamento estatal. Unha das reunións versou sobre a rexeneración da Ría de Noia. Outra das realidades que os deputados trasladarán ó congreso é a dos centos de emigrantes retornados que levan preto dun ano sen cobrar as súas pensións. Ademáis este mesmo luns En Marea asistirá a unha recepción co embaixador venezolano no que lle plantexarán esta situación. Díaz anunciou tamén que instarán a unha xuntanza de traballo ó Secretario Xeral de Seguridade Social para tratar esta temática. Respecto da última das xuntanzas realizadas hoxe, a relativa ós verquidos das minas de San Finx, aseguran que aquí non só se está a falar dun problema medioambiental, senón un importante conflito laboral pola cantidade de persoas que viven da ría. Afirman que o compromiso é trasladar a situación ás administracións competentes. O voceiro de En Marea no Congreso suliñou tamén que xa están a recoller o pulso da vila e da comarca para telos en conta á hora de debater os próximos presupostos xerais do Estado. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/02/deputados_enmarea_noia_2_020320171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/02/deputados_enmarea_noia_2_02032017.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia