O BNG denuncia supostas irregularidades nun proceso de contratación

    O BNG de Ribeira presentará unha iniciativa ó goberno local sobre as posibles irregularidades no proceso de selección de persoal para ocupar 12 postos de auxiliar de policía local. Un dos aspirantes afirma que solicitou facer a proba en galego, e esta petición foille denegada. O BNG de Ribeira denunciou esta mañá as supostas irregularidades que tiveron lugar no concello o pasado mes de marzo durante as probas para a selección de 12 persoas para ocupar novas prazas de auxiliares da policía local. Se esta persoa presentase algún tipo de recurso, as probas poderían quedar impugnadas, e retrasar todo o proceso de contratación. Por iso, segundo o edil nacionalista este erro administrativo é tan grave, xa que ademais de vulnerar os dereitos prexudica ó resto de aspirantes. O BNG presenta polo tanto unha iniciativa na que require o seguinte. Vinculado a este tema, os nacionalistas ribeirenses lembraron tamén que xa no mes de novembro o BNG presentou outra iniciativa recomendando a adopción do galego como lingua vehicular entre a policía local de Ribeira e a cidadanía. Algo que hoxe en día, segundo se queixan desde o BNG, non está ocorrendo.