Boiro diversifica a súa oferta turística a través do deporte adaptado

    BOIRO> A promoción do deporte adaptado ten cada vez maior cabida no Barbanza. Desta volta, será o concello de Boiro o que acollerá unhas xornadas náuticas para persoas con discapacidade, organizadas polas asociacións Adeco-Dea e Ambar. O Club Adeco Dea en colaboración coa asociación AMBAR promoven estas xornadas náuticas adaptadas que se desenvolverán no club náutico de Cabo de Cruz entre o oito e o dez de xullo. asociacións persoas con discapacidade procedentes de toda Galicia participarán neste evento que busca promocionar a práctica deportiva entre este colectivo. O mércores e o xoves sairán ó mar nos barcos dos que dispón a asociación mentres que o venres, coincidindo co encontro de embarcacións que se celebra en Cabo, terán ocasión de navegar a bordo dun veleiro tradicional. A asociación AMBAR colabora tamén coa iniciativa xa que conta cunha ampla experiencia no mundo da navegación grazas ó seu programa Vela para todos. Pola súa banda, o concello de Boiro que colabora tanto a nivel económico como loxístico, pretende impulsar o crecemento turístico cunha oferta diversa para tódalas persoas, Destaca ademais a boa disposición do Náutico de Cabo de Cruz que se ofreceu a adaptar as súas instalacións para facilitar o embarque e desembarque dos participantes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/06/xornadas_nauticas_boiro_0607151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/06/xornadas_nauticas_boiro_060715.mp4{/flowplayer}