A música en vivo encherá as rúas e prazas da Pobra este verán

POBRA> En vista dos problemas rexistrados nos últimos anos á hora de conceder permisos para que os locais hostaleiros organizasen concertos en espazos públicos, o concello decidiu poñen en marcha ‘Sons da Vila’. A través deste programa será o concello quen promova as actuacións musicais patrocinadas polos bares e pubs que se sumaron á iniciativa.En total desenvolveranse vinte e dous concertos en seis puntos do casco urbano durante todo o verán. Darán comezo este mesmo venres coa actuación de Chamaquito Pistolas na praza Valle-Inclán. O horario límite para o remate da actuación serán as doce e media os mércores, xoves e domingo e unha e media os venres e sábados.O concello destina a este programa unha partida orzamentaria de oito mil euros.