BARBANZA> O temporal no mar, que mantén a boa parte da flota amarrada, pode ser unha das principais razóns dese lixeiro incremento. Achegámonos á praza de abastos de Ribeira para coñecer as razóns desta suba de prezos no peixe e no marisco. Algo pouco habitual nesta época do ano. O temporal no mar, que mantén a boa parte da flota amarrada, pode ser unha das causas dese incremento. Precisamente, este desabastecemento deriva nun leve incremento dos prezos nalgunhas especies, aínda que non se trata de sumas desorbitadas posto que o consumidor non está para moito dispendio. A pesar de que a xente vai animándose a mercar, os vendedores non son moi optimistas dado que o mal tempo, ademais de encarecer o produto, non anima á xente a achegarse ata as prazas, nunhas datas como o entroido nas que tradicionalmente as vendas soen baixar debido ó consumo doutros productos típicos. Aínda así, as expectativas non só de todo malas e de cara ós próximos días agardan que haxa máis peixe para poder ofrecer ó consumidor maior variedade a mellor prezo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia