A Conselleira de Medio Ambiente supervisa os labores de control de vexetación na Duna de Corrubedo

RIBEIRA> Concluída a primeira fase dos traballos de restauración ecolóxica na contorna da duna de Corrubedo. A Conselleira de Medio Ambiente supervisou esta mañá o resultado dos labores de control do bosque de piñeiro que avanzaba sobre a duna.

Cinco meses despois do inicio dos traballos de rexeneración ambiental na contorna da Duna de Corrubedo, xa está executado máis do 20 por cento do proxecto. A Conselleira de Medio Ambiente desprazouse esta mañá ata o complexo dunar para comprobar o resultado da retirada das especies arbóreas que poñían en risco a integridade da duna e que xa se ten acometido nunha superficie de 39 hectáreas.

O concello agradeceu a implicación de Medio Ambiente na conservación da duna que constitúe un dos principais recursos paisaxísticos do municipio.

A actuación continuará ó longo de dous anos ata completar as 185 hectáreas afectadas. Conta cun orzamento de máis de 380 mil euros, financiados con cargo ó programa de fondos europeos Next Generation.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí