Deputados e senadores do PSOE e En Marea reúnense cos afectados polas obras do AVE

    RIANXO> Os representantes das dúas formacións políticas trasladaranlle a Fomento e a ADIF as reclamacións realizadas polos veciños, esixíndolle que se restitúan as súas propiedades ó seu estado orixinal, antes do inicio da actuación. Van alá varios anos dende o remate das obras de construción do viaduto sobre o Ulla do tren de alta velocidade. Daquela a empresa concesionaria das obras comprometérase a devolver as propiedades ó seu estado orixinal cando finalizasen os traballos. Lonxe diso, na actualidade os terreos afectados pola expropiación temporal atópanse practicamente inservibles. Non están ben delimitados, carecen de accesos e as augas non están correctamente canalizadas. Esta mañá recibían a visita de varios deputados e senadores do Partido Socialista e de En Marea, que se intereseron pola súa problemática. En total hai ó redor duns cen veciños afectados. O que buscan é unha solución e poder seguir empregando estes terreos como zonas de cultivo, tal e como adoitaban facer antes das obras.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí