O BNG cree que é o momento de que ENCE se vaia da ría

Pontevedra> Esta decisión da papeleira pontevedresa deixou numerosas reaccións políticas ao longo da xornada. En primeiro termo, dende as filas populares, acusan ao Goberno Local do BNG de que ENCE decidise investir primeiro en Huelva que na capital de provincia, xa que din, non se senten apoiados na cidade. Dende o Goberno Local, pola súa banda, cren que é un bo momento para que a papeleira abandone a ría de Pontevedra. A noticia de ENCE foi valorada esta mañá por diferentes forzas políticas. Dende o PP consideran que o Bloque debe estar contento con esta medida, e culpabilizan ao Goberno de Lores de que a papeleira decidise realizar a súa inversión da planta de biomasa en Huelva e non en Pontevedra. Dende o Goberno Local do BNG consideran que o PP se sinte defraudado porque ENCE lle tomou o pelo. E cren que é un bo momento para que a papeleira abandone a súa situación na ría de Pontevedra. Dende En Marea creen que dende ENCE están deixando claro que a súa política de chantaxes non vale é que eles seguen apostando pola marcha desta fábrica da ría pontevedresa. Dende a fábrica de papel din que no 2020 volverán a estudar o proxecto da planta da biomasa en Pontevedra. O certo é que despois de moitas promesas, de momento, a cidade do Lérez, queda sen este investimento de 74 millóns de euros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/07/reaccions_ence_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/07/reaccions_ence.mp4{/flowplayer}