PONTEVEDRA> O presidente do Partido Popular de Pontevedra confirma que será o candidato do PP nas eleccións municipais do 2027. Rafa Domínguez fíxoo presentando as liñas mestras do seu programa electoral, e defendendo a necesidades de impulsar unha nova etapa política na cidade. Entre as súas propostas, destacou a apertura da cidade cara á ría, a creación dunha cidade deportiva ou a construción dunha biblioteca municipal.
O Partido Popular de Pontevedra comeza o camiño cara ás eleccións municipais do vindeiro 2027. Farao con Rafa Domínguez repetindo como candidato.
Hoxe Domínguez presentou as liñas mestras do seu programa electoral. Unha das principais propostas pasa pola apertura da cidade cara á ría na zona de San Roque e As Corvaceiras.
De acadar a alcaldía, o popular comprometeuse a crear 1.500 novas prazas de aparcadoiro e a incrementar as zonas de servizo de 15 a 45 minutos. Tamén aposta por plantar 1.200 árbores no centro urbano e por mellorar o Parque das Palmeiras.
Redactar un PXOM, construír unha cidade deportiva e unha biblioteca municipal e apostar por utilizar o Hospital Provincial como centro universitario, son outras das cuestións que Domínguez levará no seu programa. Tamén se comprometeu coas parroquias.
Outras das medidas do popular de chegar á alcaldía serían retirar a denominación de persoa non grata a Mariano Rajoy e a reapertura de Raíña Vitoria ao tráfico.











