Marea e BNG pechan a rolda de contactos sen acordo

Pontevedra> En Marea e o BNG de Pontevedra non chegaron a ningún acordo despois de 6 reunións. Dende a forza liderada por Luis Rei dan por zanxada esta rolda de contactos. O líder de En Marea valorou positivamente a disposición dos nacionalistas pero cree que o BNG puido ofrecer algo máis neses encontros. Rematadas as conversas entre en Marea e o BNG para un posible pacto de Gobernabilidade na cidade do Lérez. Finalmente non houbo entendemento entre estas dúas forzas políticas. Pese a isto dende En Marea dan por zanxado esta rolda de contactos pero non pechan a porta a un posible pacto nesta lexislatura. Dende en Marea valoran positivamente a disposición do BNG pero consideran que os nacionalistas puideron ofrecer algo máis. Péchase así unha primeira rolda de contactos sen entendemento. Dende En Marea seguirán no seu traballo de oposición sen pechar as portas a futuros acordos ou pactos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/07/marea_bng_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/07/marea_bng.mp4{/flowplayer}