Pontevedra acollerá a súa primeira trail night

Pontevedra> Este sábado 11 de marzo Pontevedra acollera a primeira edición da Trail Night. Trátase dunha carreira nocturna que percorrerá 14 quilómetros pola cidade do Lérez. A cita partirá ás oito do Recinto Feiral para rematar na Praza de Touros. Trátase da segunda proba do circuíto de carreiras populares que xa conta con 700 inscritos. 14 quilómetros pola cidade de Pontevedra e de noite. Ese é a ruta que protagonizará a primeira Trail Night na cidade do Lérez. De momento hai xa 700 inscritos nesta proba que percorrerá a illa das esculturas, a beira do río Lérez, a Xunqueira, a Zona Vella, Alameda para rematar na praza de Touros. Dende a organización agardan que o primeiro chegue en 45 minutos e que nunha hora esté rematada esta proba. Os interesados en inscribirse teñen de prazo ata a noite do mércores. Unha proba que forma parte do circuíto de carreiras populares que conta con 10 categorías diferentes. A entrega de premios será no interior da Praza de Touros. Unha cita única e diferentes que aterra por primeira vez en Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/07/carreira_nocturna_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/07/carreira_nocturna.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí