O PP responsabiliza ó executivo local do estado do Museo Valle-Inclán

    POBRA> Os populares critican tamén o peche das instalacións. Para o Partido Popular o executivo de Nós Pobra é o verdadeiro responsable desta situación, obviando a responsabilidade legal que ten no mantemento do edificio, catalogado coma monumento histórico-artístico a nivel nacional. O voceiro desta formación política, Manuel Durán, acusa ademais ó executivo local por ter pechadas as instalación. Duran alude a que este é un exemplo mais da falla de xestión do actual executivo. Un feito do que non culpa única e exclusivamente ó goberno de Nós Pobra, senón tamén ó resto de forzas políticas que permitiron co seu voto a chegada desta formación á Alcaldía.