Ata o 19 de abril podes particiar na XXIV edición do Ben veñas, maio

Pontevedra>Un ano máis e xa van 24 chega a Pontevedra unha nova edición de Ben veñas maio. Unha actividade destinada aos institutos públicos do concello que ten como fin promover o uso da lingua galega nas diferentes artes como a poesía, a música ou a fotografía. Este ano como novidade haberá certame de curtametraxes e tamén dará a coñecer unha publicación cos traballos gañadores da anterior edicións. Ata o 19 de abril os institutos do concello de Pontevedra están convidados a participar na vixésimo cuarta edición co certame Ben veñas maio. Unha actividade que busca potenciar o uso da nosa lingua en fotografía, na banda deseñada, en narrración, en poesís, en teatro, en música e este ano como novidade tamén en curtametraxes. Cada participante poderá presentar cantas obras queira e nos seus traballos non deberá figurar o seu nome, os seus datos entregaranse coa súa obra nun sobre pechado. Trátase dun certame consolidado e de referencia no concello pontevedrés. O anuncio do veredicto do xurado e a entrega de premios farase o día 13 de maio no Pazo da Cultura. Este certame contará con 3325 euros destinados aos premios nas diferentes categorías. A outra novidade que nos achega esta vixésimo cuarta edición é a publicacións dos traballadores gañadores do pasado ano. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/08/certame_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/08/certame.mp4{/flowplayer}