Os Bombeiros celebran tamén neste 8 de marzo o seu día

Pontevedra> Neste 8 de marzo tamén se celebra o día dos Bombeiros. O acto central desta xornada tivo lugar no parque da cidade do Lérez. O novo xefe deste corpo, dixo esta mañá, que na actualidade están traballando nun plan estratéxico para garantir máis a seguridade da cidadanía. Xornada de celebración tamén para o corpo de bombeiros en Pontevedra. Unha xornada lúdica onde se conmemora o seu día e se fai fincapé no traballo que realizan ao longo de todo o ano. O novo xefe dos bombeiros en Pontevedra, que leva 5 meses no cargo, protagonizou por primeira vez esta xornada. Aproveitou a ocasión para a agradecer o traballo e profesionalidade dos seus compañeiros e para anuciar os primeiros pasos que se están dando dun plan estratéxico centrado na seguridade cidadá. Dende o concello de Pontevedra agradeceron tamén o traballo realizado por este corpo e déronlle a benvida ao novo xefe de bombeiros na cidade. Lores dixo que o nivel de seguridade en Pontevedra é alto pero que nos vindeiros anos e coa axuda de todas as forzas conseguerán que sexa aínda máis. Unha xornada festiva que rematou cun pincho e viño para todos os asistentes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/08/dia_bombeiros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/08/dia_bombeiros.mp4{/flowplayer}