Pontevedra reivindica a igualdade da muller cun parón neste 8 de marzo

Pontevedra> Dende os colectivos feministas de todo o país estaba convocado un parón de 12:00 a 14:00 para as mulleres traballadoras. Un parón que secundaron decenas de mulleres na Praza da Peregrina de Pontevedra. A mensaxe da xornada quedou clara, loita pola igualdade e polos dereitos da muller. Decenas de mulleres secundaron esta mañá o parón que estaban convocado para este 8 de marzo en todo o país. Unha concentración reivindicativa onde as mulleres puideron dar o coñercer o seu sentir neste día. Un sentir que pasa pola loita pola igualdade, pola loita contra a violencia de xénero, pola loita en definitiva de todos os dereitos da muller. Unha xornada onde ademais de escoitar puidemos ver e ler as mensaxes que neste día deixaron pegada entre as mulleres. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/08/muller_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/08/muller_ponte.mp4{/flowplayer}