O BNG propón destinar máis de 1.000 millóns de euros á rexeneración produtiva das rías

PONTEVEDRA> O BNG presenta en Pontevedra o “Proxecto de Rexeneración Produtiva das Rías”. Un programa enmarcado no documento “Xerar futuro. Galiza Next”, que recolle as propostas dos nacionalistas para utilizar os fondos de recuperación europeos.

A portavoz nacional do BNG achegouse hoxe ata Pontevedra para presentar o “Proxecto de Rexeneración Produtiva das Rías”. Unha iniciativa que conta cun investimento de máis de mil millóns de euros e que está incluída no documento “Xerar Futuro. Galiza Next”. Nel, recóllense as propostas dos nacionalistas para utilizar os fondos de recuperación europeos.

O “Proxecto de Rexeneración Produtiva das Rías”. divídese en tres piares. O primeiro, a recuperación ambiental, cun investimento de 950 millóns de euros.

A liña da investigación científica, con 60 millóns de euros, e a da comercialización, con 29M, completan o proxecto dos nacionalistas.

Centrándose no Concello de Pontevedra, Ana Pontón quixo resaltar tres actuacións para as que irían destinados estes fondos: a descontaminación dos terreos da antiga fábrica de Elnosa, os do espazo natural da Xunqueira de Alba e, por último, a recuperación ambiental dos terreos que ocupa Ence.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí