Os chistes machistas do alcalde de Noia desatan a polémica no Día da Muller

    NOIA> Polémica no concello de Noia tralas palabras do alcalde durante o discurso institucional no acto de homenaxe ás mulleres polo día Internacional da Muller. Santiago Freire realizou tres chistes machistas que a oposición cualifica como inaceptables. O mandatario enviou un comunicado esta mañá pedindo perdón polas súas desafortunadas palabras. Este é o momento. Onte mércores oito de Marzo ás oito e media da tarde, Día Internacional da Muller. Coliseo Noela de Noia, Celebrábase un acto homenaxe a Elena Batalla Tubío, primeira presidenta da Agrupación de Profesionais de Marisqueo a Pe. No medio do discurso, o alcalde, Santaigo Freire, solta o seguinte. Catro frases sobre a muller que segundo a oposición non se poden tolerar por parte dun cargo institucional ó que se lle presume unha exemplariedade na erradicación do machismo. E máis nunha sociedade que acumula tantos asasinatos e agresións polo mero feito de ser muller. Partido Socialista, a Marea Cidadá de Noia e o BNG reuníronse esta tarde para ditaminar as acción a seguir ante a gravidade do acontecido. Esta redacción intentou poñerse en contacto co alcalde pero foi imposbile ó longo do día de hoxe. O que sí enviou Santiago Freire foron as súas desculpas nun comunicado do Partido Popular Provincial. Pide perdón polas súas desafortunadas palabras no acto de onte, ante as persoas que se sentiran ofendidas. O alcalde suliña que a súa intención non era ofender a dignidade da muller “ Foi un minuto fatal nun discurso no que, lonxe de querer atacas ás mulleres, o que quería era mostrar a miña máxima admiración á súa figura”, reza o comunicado. Freire asegura sentirse doido e arrepentido pola polémica que provocaron as súas palabras. Unhas frases que ó longo do día de hoxe correron como a pólvora en redes sociais e en múltiples medios de comunicación a nivel estatal.