O BNG de Ribeira demanda a mellora de servizos básicos na parroquia de Artes

RIBEIRA> O BNG de Ribeira reclama unha serie de melloras no lugar de Sego, en Artes. Denuncian o abandono ó que está sometida esta parroquia que nos últimos anos apenas figura nas propostas municipais a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación.

As deficiencias na pavimentación no lugar de Sego son, segundo os nacionalistas, tan só exemplo un máis do abandono ó que está sometida a parroquia de Artes. NO Plan de Obras e Servizos da Deputación deste ano tan só figura unha actuación, proposta polo BNG, para a rede de pluviais dende a igrexa ata o museo do gravado.

Consideran que se trata dun agravio comparativo con respecto ó resto da veciñanza do concello posto que, a pesar de pagar os mesmo impostos, non gozan de servizos similares.

Os nacionalistas levarán a pleno as principais demandas veciñais que ademais do acondicionamento das  estradas e limpeza das cunetas, piden a dotación de contedores de recollida de aceite e a mellora do acceso ás telecomunicacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí