BOIRO> Esta fin de semana Boiro converteráse no epicentro do duatlón estatal coa celebración do Campionato de España desta disciplina, por equipos e relevos. Estes torneos serán ademais a primeira e segunda xornada da Liga Nacional de Clubs 2017. Será o segundo ano consecutivo no que Boiro acollerá unha proba nacional, xa no 2016 disputouse no concello barbanzán o Campionato de España de Duatlón por clubs. O sábado terá lugar a proba de Duatlón contra reloxo por equipos, e o domingo, por relevos. Desde a dirección da carreira destacaron que este ano haberá algunha modificación no circuito debido á afluencia de participantes, nin máis nin menos, que 2.100 inscritos. O director pediu comprensión para os veciños e veciñas boirenses que verán afectados a súa rutina ante a gran cantidade de persoas que se chegarán ó municipio, e ós cortes de tráfico necesarios. Pero desde a Federación galega sinalaron tamén que esta é unha gran oportunidade para que os boirenses gocen na súa casa e como espectadores de luxo, dunha competición desta magnitud. E suliñaron tamén a importantes representación galega no campionato. En total 700 deportistas galegos. O respresentante da Federación Española, e responsable da competición, explicou a características técnicas e os niveis de competición. O alcalde boirense pechou esta mañá o acto de presentación afirmando que o gran movemento de xente que haberá en Boiro a fin de semana, non será un gasto senón unha gran inversión, e non só pola parte deportiva. O sábado a proba comezará á unha do mediodía e o domingo ás nove da mañá, os cortes de tráfico realizaránse unha hora antes do comezos das carreiras.
Inicio Barbanza - Muros - Noia