Investigan a un boirense implicado nun presunto delito de falsificación no rexistro de embarcacións

    BOIRO> A maiores nunha das lanchas que lle foron retiradas portaba un motor con maior potencia da autorizada. Efectivos do Servizo Marítimo da Garda Civil iniciaron onte unha investigación a un veciño de Boiro pola súa presunta implicación nun delito de falsificación no rexistro de embarcacións. No marco dun operativo conxunto realizado co Servizo de Gardacostas de Galicia, os axentes do Instituto Armado tiveron coñecemento da existencia de dúas lanchas que faenaban na Ría de Arousa co mesmo número de folio e nome. Ó investigado, ó que se lle atopou nunha delas un motor foraborda con maior potencia da autorizada, fóronlle retiradas as dúas embarcacións, trasladándoas ó depósito de Gardacostas de Galicia. O caso foi posto xa a disposición do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 3 de Ribeira.