Dez alumnos fórmanse no módulo de carpintería do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV

BOIRO> Un total de 20 alumnos están a formarse nos módulos de carpintería e forestal do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns 4 de Boiro. O alcalde visitou esta mañá o taller de carpintería no Centro de Formación de Espiñeira.

O pasado mes de decembro arrancaba en Boiro a cuarta edición do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns. Ademais do módulo de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas que xa se desenvolven en pasadas edición, estreábase o obradoiro de carpintería.

O alcalde visitou esta mañá ó seu alumnado no taller do Centro de Formación de Espiñeira, onde tivo ocasión de coñecer os traballos que están a realizar. Ademais dos peches de madeira para o pazo de Goiáns, os alumnos están a traballar na mellora das pasarelas de madeira do camiño A Orixe.

Xunto co módulo forestal son 20 os alumnos que participan neste programa financiado pola Consellería de Emprego. Durante os 9 meses de duración recibirán formación teórico práctica a través dun contrato de traballo de 40 horas semanais.

Destaca o alto índice de inserción laboral unha vez concluído o proceso formativo posto que ó redor do 70 por cento dos alumnos consigue acceder a un posto de traballo.