Instalan un ascensor no conservatorio municipal de Ribeira

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio dos traballos para a instalación dun ascensor no edificio ocupado actualmente polo Conservatorio Municipal de Música. A actuación, cun orzamento superior ós oitenta mil euros, está destinada a mellorar a accesibilidade en edificios e espazos de uso público do municipio. A obra conta cunha subvención da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia e un prazo de execución de dous meses.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí