Ribeira suma xa 155 casos activos por covid

RIBEIRA> Preocupa especialmente a situación na localidade que pasa de 116 a 155 casos activos. Aínda así dende o Concello sinalan que a situación parece estabilizarse, e o aumento dos contaxios vén derivada do brote detectado na residencia de maiores, na que a día de hoxe hai xa 66 positivos.

O alcalde, Manuel Ruíz, que hoxe voltaba a súa actividade diaria no Concello despois de padecer nas súas propias carnes a covid, mostrábase preocupado polo número de contaxios, hoxe 155, cunha incidencia acumulada por riba dos catrocentos. Aínda así sinala que os datos parecen estabilizarse nos últimos días, e ese aumento no número de casos activos vén provocado polo brote detectado na residencia de maiores, onde a día de hoxe hai xa contabilizados 66 positivos, 63 usuarios e 3 traballadores.

Aínda así o alcalde incide en que non debe baixarse a garda, e todos temos que ser responsables, cumprindo estritamente as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para así evitar novos contaxios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí