O IES Número 1 vive xa a súa Semana Cultural

    RIBEIRA> A dirección do centro preparou un amplo abano de actividades entre as que destacan obradoiros, concertos, charlas e exposicións. Aínda que o grosso do programa se desenvolverá a próxima semana. Esta mañá asistíamos ás primeiras actividades organizadas. A primeira delas unha charla de Mulleres en Acción baixo o título Somos Feministas para o alumnado de 4º de ESO.O principal obxectivo destas xornadas, que neste ano acadarán xa a súa décimo terceira edición, é achegar os alumnos ó mundo da cultura e das letras. Para iso dende a dirección do centro preparouse un amplo programa de actividades destinadas a todo o alumnado do centro e que versarán sobre moi diversos eidos, como poden ser talleres, charlas, exposicións ou concertos. No apartado de saídas, o centro tamén ten programadas unha serie de visitas a Ourense, Santiago, ou ós Cañóns do Sil, entre outras. Dende a dirección do centro quixeron agradecer tamén a colaboración da ANPA O Caramecheiro, do persoal laboral do instituto así como tamén do resto de colaboradores desta Semana Cultural, moitos dos cales participan nas actividades de xeito altruísta, sen os que sería imposible poder organizar todo o programa.