Solicitan unha nova intervención para o Castro da Cidá

    RIBEIRA> O executivo ribeirense xa formalizou unha solicitude de fondos pertencentes ó Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, xestionado por Deloa, para acometer unha nova intervención arqueolóxica no xacemento do Castro da Cidá. Trataríase da terceira que se realiza dend eo ano 2014. Segundo informaron fontes do executivo os traballo terían por obxecto escavar e poñer en valor a muralla do recinto superior do castro. O importe global da actuación ascende a máis de 233 mil euros, IVE incluído, das cales o plan Leader pode cofinanciar entre o 30 e o 90%. A cantidade restante ata completar todo o orzamento necesario sería asumida polo propio Concello.