Graves actos vandálicos afectan a centros de ensino en Boiro

    actosvandalicoscolexiosboiro_100_270209.jpgBOIRO> Rotura de cristais e mobiliario no instituto de A Cachada e o roubo dun ordenador e unha cámara dixital no colexio de Abanqueiro

    O instituto de A Cachada en Boiro amenceu no día de onte con varios cristais rotos na porta da entrada e desperfectos graves no interior do recinto. Non é a primeira vez que os vándalos acuden a este lugar a realizar falcatruadas pero desta volta os danos foron considerables.

    {flowplayer}barbanza/actosvandalicoscolexiosboiro.flv{/flowplayer}

    Dende a dirección do centro mostraron a súa preocupación dado que estes ataques  causan cuantiosos gastos no centro educativo. Noutras ocasións a factura para solventar os desperfectos ascendeu a máis de tres mil euros.

    Roubo en Abanqueiro

    Non foi o único lugar onde os vándalos decidiron actuar estes días. O colexio de Abanqueiro, tamén en Boiro recibiu a súa visita: Pero non se contentaron con romper o cristal dunha das fiestras traseiras, senón que aproveitaron o emprazamento do centro, situado nun lugar alonxado de vivendas, para entrar e substraer un ordenador e unha cámara dixital.

    A policia local de Boiro investiga para dar cos autores do roubo e os causantes dos danos no recinto do instituto. Para evitar que estes feitos se repitan incrementarán a vixiancia nocturna no contorno dos centros educativos do municipio.

    Redacción Barbanza