O Náutico Boiro Voleibol segue con paso firme na liguiña da fase de ascenso á Superliga 1

    BOIRO> Esta pasada fin de semana vencían en Ferrol, ó Intasa San Sadurniño por tres sets a un. Choque de máxima rivalidade este pasado sábado en Ferrol, entre o conxunto local, o Intasa San Sadurniño e o Náutico Boiro Voleibol. Enfrontábanse os dous equipos galegos que xogan a fase de ascenso á Superliga. A vitoria desta volta caeu para os boirenses por tres sets a un, con parciais ó seu favor de 22-25, 21-25, 25-23 e 20-25. O trunfo permítelles seguir na pelexa polo título de liga e o conseguinte ascenso a máxima competición do voleibol a nivel nacional. Os de Emilio Palacio tiveron neste partido a Juan Díaz-Romeral coma o seu mellor home. Na próxima xornada o Náutico recibirá na cachada o L’ Illa Grau de Castellón un dos rivais máis fortes desta liguiña que leva coma os boirenses dúas vitorias de dous encontros disputados. Será un partido de poder a poder, para o que os barbanzáns piden o apoio da súa afección. O partido está fixado para as sete da tarde.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí