RIBEIRA> Augas de Galicia traballa en colaboración con AcuaES, empresa responsable da depuradora de Ribeira, para solucionar o problema de cheiros detectados na instalación. O próximo mes está prevista unha xuntanza para analizar as medidas técnicas que permitan acabar coas deficiencias e poñer en servizo a infraestrutura de xeito definitivo. A empresa responsable da execución das obras, AcuaEs, xa ten localizado o foco dos malos olores. En abril terá lugar unha xuntanza para adoptar as medidas técnicas que permitan acabar con este problema que vén sendo denunciado polos veciños dende que comezara a funcionar a instalación. Aínda que é responsabilidade da empresa o director de Augas de Galicia manifestou a disposición da Xunta a colaborar para garantir o correcto funcionamento da instalacións e ofrecer o servizo en óptimas condicións. Así mesmo, Roberto Rodríguez, aclarou que a depuradora traballa aínda en fase de probas e a Xunta non recepcionará a obra ata que se solventen tódalas incidencias.
Inicio Barbanza - Muros - Noia








