Multitudinario adeus ós dous mariñeiros de Rianxo

    funeralpescadoresrianxo_100_291009.jpgRIANXO> Veciños, amigos e familiares despediron esta tarde na igrexa de Santa María de Leiro a Vicente Figueira e Faustino Rodríguez.

    {flowplayer}barbanza/funeralpescadoresrianxo.flv{/flowplayer}

    Un bo número de persoas achegáronse esta tarde, ás cinco, ata a igrexa parroquial de Santa María de Leiro en Rianxo, para participar no funeral e despedir así a Vicente Figueiro e Faustino Rodríguez. O funeral celebrouse conxuntamente, atendendo así a solicitude das dúas familias. Vicente Figueiro, de 53 anos, era ademais moi coñecido en Rianxo, xa que posuía un bar no lugar de Brión e rexentaba tamén o chiringuito da praia das Cunchas. Estaba casado e tiña un fillo.

    Polo que respecta á outra vítima mortal do naufraxio, Faustino Rodríguez, tiña 46 anos, estaba casado e tiña tres fillos. Aínda que era natural da parroquia de Isorna, residía en Leiro.

    Máis datos

    Segundo van pasando as horas vaise tendo tamén máis información sobre o acontecido. O propio José Eiras, o outro tripulante da embarcación, o único que foi rescatado con vida, e que continúa no Hospital Clínico de Santiago fóra de perigo, cometoulle a amigos e familiares que o naufraxio se debera a un golpe de mar, o que provocou que emborcara a embarcación. Regresaban ó redor da unha e media da tarde dunha xornada de pesca en San Vicente, no Grove, cando lle sobreveu a traxedia. Os tres quedaron debaixo da lancha e sairon para amarrarse ó seu casco. O que menos aguantou segundo el foi Faustino Romero, quedando Vicente Figueiro e el máis de cinco horas no mar á espera de seren rescatados. Pouco tempo antes de que chegase o helicóptero, José Eiras veu tamén como se perdía o seu amigo.

    Redacción Barbanza