Calidade e excelencia resumen a xestión da Marina Cabo de Cruz

    BOIRO> O presidente de Portos de Galicia participou no izado das bandeiras azuis e Q de calidade no Náutico de Cabo de Cruz. O porto deportivo recibe estes distintivos por quinto ano consecutivo, en recoñecemento á excelencia na xestión e na calidade ambiental. O porto deportivo de Cabo de Cruz é o único de toda a ría de Arousa no que este ano ondeará a bandeira azul. Xunto a ela, a de Q de calidade. Distintivos que ostenta dende a súa constitución, hai cinco anos, e dan idea do bofacer dos seus directivos. Este distintivo, máis que un recoñecemento, é unha esixencia a manter os máximos estándares de calidade no que se refire a instalacións, servizos e xestión. A Marina de Cabo de Cruz, a través do concello, participa activamente na estratexia conxunta de promoción impulsada por Portos de Galicia. A presenza arousá nas distintas feiras europeas xa se traduciu nun importante incremento dos tránsitos internacionais nun trinta por cento.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí