Aragunde esixe explicacións por unha edificación relacionada coa alcaldesa

    CAMBADOS> Unha noticia sobre a suposta edificación irregular dunha casa que ten que ver co entorno familiar da alcaldesa de Cambados, parece ser o motivo polo cal o Partido Popular da vila podería reclamar unha comisión de investigación a fin de esclarecer esta situación. Pola súa banda, Fátima Abal, afirma que facilitará toda a documentación necesaria para comprobar que a edificación está dentro da legalidade, e ademais pide respecto para o seu ámbito familiar. A pasada semana un medio local facíase eco dunha posible irregularidade nunha obra en Cambados. Este non era o único feito que espertaba o interese dos lectores, senón que a mesma tiña que ver co entorno da alcaldesa da vila, Fátima Abal. Unha situación pola que dende o PP da vila saen o paso, afirmando que os membros do propio goberno local se contradín coas súas declaracións na prensa. Aragunde afirmou na súa intervención que a actual fachada non se atopa dentro da ordenación vixente na vila. Ademais critica as declaracións aos medios, nos que se citaba a unha arquitecta municipal, xa que segundo o popular non existe esa persoa no concello, e recoñece que esa licenza era desfavorable xa que se concedeu durante o seu mandato. Dende as filas populares cambadesas non descartan a petición dunha comisión de investigación, sempre e cando non se aclare esta situación. Pola súa parte a actual alcaldesa da vila, Fátima Abal, afirmou estar tranquila e dispoñer de toda a documentación que probaría a legalidade da mesma. Abal non dubidou en pedir respecto para o seu ámbito familiar e invitar a aqueles que teñan dúbidas sobre a legalidade desta edificación, a solicitar toda a documentación necesaria no concello. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/licenza_casa_aragunde_abal_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/licenza_casa_aragunde_abal_cambados.mp4{/flowplayer}