Vilanova busca o Mosteiro de Cálogo

    VILANOVA> Vilanova quere recuperar unha parte da súa historia e da da comarca. A vila aposta por escavar na zona do campanario da torre de Cálogo para ubicar o mítico mosteiro que foi destruído polos vikingos no século IX. Un acordo cos propietarios das leiras do entorno, permitirá comezar os traballos. Agora o goberno local buscará o financiamento. O concello de Vilanova está determinado a recuperar unha peza da súa historia e da zona. Tras conseguir un acordo cos propietarios das leiras do entorno, a intención é comezar unha escavación na área da torre do campanario de Cálogo. O obxectivo: ubicar, por fin, o mítico mosteiro de Cálogo. Segundo explica a historiadora Alicia Padín, foi San Fructuoso de Braga quen fundou o mosteiro no século VII. No IX, os vikingos arrasárono. Ata o de agora descoñécese a súa ubicación real, aínda que Padín confía que se atopara na zona do castro. Para a historiadora, os achados que se atopen durante os traballos permitirán escribir unha nova páxina da historia de Vilanova e da comarca. O concello comezará a traballar na procura do financiamento necesario. Para iso, petará nas portas da Xunta e da Deputación de Pontevedra. Tamén están dispostos a achegar fondos municipais para despexar o misterio do mosteiro de Cálogo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/rp_vilanova_calogo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/rp_vilanova_calogo.mp4{/flowplayer}