O torneo EncestaRías acollerá o último exame do Obradoiro, Bregogan, Juventud e Unicaja antes do comezo da ACB

VILAGARCIA> O torneo Encestarrías contará na súa sexta edición coa participación dos dous grandes clubs galegos de baloncesto. O Mombús Obradoiro e o Río Breogán compartirán competición co Unicaja Málaga e ou Juventud de Badalona. O torneo disputarase do 10 ao 12 de setembro.

O baloncesto de primeiro nivel masculino regresa a Vilagarcía grazas ao torneo Encestarrías. A competición celebra a súa sexta edición de novo contando con equipos da liga ACB. Os amantes ao básquet poderán gozar este ano dos dous equipos galegos da liga Endesa xunto con Unicaja e o Juventud.

A competición celebrarase do 10 ao 12 de setembro. O primeiro día disputaranse as semifinais e o domingo as finais.

O Torneo estará completamente adaptado ás normativas sanitarias cunha ocupación limitada a tan só 400 persoas. Os organizadores non poderán levar a cabo outras actividades complementarias como en anos anteriores pero aínda así, o espectáculo está garantido.

Ademais de ver aos dous equipos galegos, a emoción da competición tamén está en ver o nivel dos catros participantes. Xa que este torneo disputarase a tan só unha semana de comezar a liga ACB, a última oportunidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí