Arranca a Campaña da Primavera en Cambados

    CAMBADOS> Os comerciantes de Cambados Zona Centro presentaron esta venres unha nova campaña coa que activar as compras no comercio local. Unha acción que nesta ocasión se identificará coa época do ano que estamos a piques de comezar, e que será un pouco máis longa que de costume. Este ano todos os que non teñan regalo do Día do Pai ou da Nai teñen un motivo para mercalo en Cambados. A Campaña da Primavera que organiza Cambados Zona Centro abranguera dende este domingo ao Día da Nai. Uns 1300 euros serán sorteados nesta campaña en vales compra, onde o reparto será nun único vale de 300 euros, dous de 200, cinco de 100 euros e un de degustación de 100 euros. A campaña rematará o vindeiro 12 de maio e está previsto a repartición dunha media de 60.000 boletos en todo o concello. Dende Cambados Zona Centro afirman que están incrementando a súa achega para activar o comercio local. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/campana_primavera_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/campana_primavera_cambados.mp4{/flowplayer}