RIBEIRA> Axentes de paisano da Policía Local velarán polo cumprimento da normativa vixente ó respecto. Imaxes coma esta poderían deixar de verse polas rúas de Ribeira. Ou iso é o que pretende o executivo local para acabar coa mala práctica dalgúns persoas que deixan os excrementos das súas mascotas na vía pública. un problema bastante habitual hoxe en día na mayoría de vilas e ciudades e que levanta un gran malestar entre a veciñañnza. Por esta razón, o Concello, a través da Policía Local, emprenderá unha campaña destinada a controlar e sancionar esta conduta incívica. Farao con axentes de paisano que velarán polo cumprimento da normativa municipal existente a este respecto, impoñendo multas a aquelas persoas que non a respecten. As sancións serán de 150 euros, aínda que para aqueles reincidentes as contías poderían ir dos 500 ós 5.000 euros.
Inicio Barbanza - Muros - Noia