LOUSAME> Promover un turismo sostible e respectuoso co ecosistema. Este é o obxectivo da aplicación do Pacto Local polo Territorio ó xeodestino Ría Muros Noia que se materializou esta mañá coa sinatura do convenio entre o GALP Costa Sostible e a Asociación Rural de Desenvolvemento Muros- Noia.
Mediante esta sinatura, GALP e ARD formalizan a aplicación do Pacto Local polo Territorio Costeiro Sostible á xestión turística na Ría de Muros Noia. Trátase dunha guía de boas prácticas que os cinco concellos que integran o xeodestino comprométense a seguir nos distintos investimentos en materia turística, que ascenderán a dous millóns de euros.
O GALP Costa Sostible encargarase de velar polo cumprimento deses criterios encamiñados a mitigar o cambio climático, promovendo un turismo respectuoso co ecosistema.
O presidente do GALP destacou precisamente a vontade de colaboración dos concellos para facer posible este convenio que asegura o futuro do noso mar.