SANXENXO> A plataforma de afectados da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo, continúa en pé de guerra contra o proxecto acordado entre concello e Deputación. Esta mañá, os seus voceiros compareceron ante os medios para deixar clara a súa postura: beirarrúas, si. Aparcadoiros, tamén. A maioría dos comerciantes da Avenida Luís Rocafort, en Sanxenxo, non están dispostos a renunciar ás prazas de aparcadoiro da rúa. Beirarrúas, si. Estacionamento tamén é o seu lema, por iso rexeitan o proxecto de urbanización posto en marcha por Deputación e concello. Aseguran que a rúa ten 162 prazas, pero que descoñecen o número que quedaría despois da reforma. Un punto que esixen ao concello que lles aclare. Por iso decidiron crear a plataforma, que describen como apolítica e non vencellada a ningún partido. Critican que o proxecto se espuxera na Deputación e non en Sanxenxo, e que o concello os convocara para explicarlles unha obras que comezarían dous días despois. Tamén dubidan que se axuste ao PXOM, e denuncian a falta de xestión das administracións na cesión dos terreos. Aínda que non concretaron as medidas a tomar, aseguran que farán o que consideren oportuno para que os escoiten. O día 9 mantiveron a última reunión co concello. Este luns solicitaron un novo encontro, pero aínda non obtiveron resposta. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/plataforma_luis_rocafort_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/plataforma_luis_rocafort.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas








