![]()
IBEIRA> A instalación de postos e barracas de feira está a ocasionar problemas de tráfico por mor da ocupación de boa parte da avenida do Malecón.
{flowplayer}barbanza/problemastraficoribeira.flv{/flowplayer}
Os veciños e visitantes que durante estes días se acheguen ata Ribeira para desfrutar das súas festas de verán deberán armarse de paciencia se o fan en coche posto que transitar polo seu casco urbano converteuse en toda unha odisea.
Moitos dos afectados consideran que este problema se debe á falla de organización que se vén sumar á xa de por si caótica circulación que rexistra o centro de Ribeira en horas punta, especialmente durante o verán.
Sen aparcamentos
A falta de prazas de aparcamento provoca que moitos condutores acaben por estacionar en zonas non autorizadas o que se traduce, en ocasións, en maiores problemas para a circulación.
A situación será especialmente complicada ata o próximo luns, día en que se clausuran os festexos, aínda que se prevé que durante todo o mes de agosto a capital barbanzá siga sen recuperar a fluidez no tráfico. Mentres tanto, para aqueles que poidan o mellor consello é percorrer a vila a pé.
Redacción Barbanza










