A Deputación retoma a mellora da estrada de Cespón a Vidres

    BOIROa A Deputación da Coruña acometerá a mellora da estrada de Cespón a Vidres en Boiro. Investiranse preto de oitocentos mil euros, dos cales cento cincuenta mil irán destinados á expropiación de terreos. O proxecto de ensanchamento e mellora do trazado desta vía, moi transitada pola súa conexión co centro arqueolóxico de Neixón, iniciárase xa hai anos, durante o anterior mandato bipartito da Deputación. Segundo o BNG, a actuación quedou paralizada co cambio de goberno provincial a pesar do avanzado da tramitación para acometer a obra. As obras que contan cun prazo de exución de dez meses consistirán na ampliación da calzada ata cinco metros e a redución dalgunhas curvas moi pronunciadas que suponen un risco para a seguridade. Ademais desta actuación, o BNG de Boiro solicita tamén outras melloras en seguridade viaria na parroquia como a dotación de beirarrúas entre San Roque e Agüeiros. A deputada provincial comprometeuse a trasladar as demandas dos compañeiros de Boiro ó goberno da Deputación para conseguir a partida necesaria para esta actuación.