O Deán pon en marcha a primeira plataforma de venda online para o pequeno comercio

    POBRA> Nace a primeira plataforma de venda online do pequeno comercio. APECO presentará este domingo esta innovadora proposta que bota a andar coa participación de cinco comerciantes. Non foi doado pero tras un arduo traballo, a asociación do Pequeño Comercio da Pobra logrou poñen en marcha o Deán Shop. Esta plataforma de venda por internet botará a andar este domingo no transcurso dun orixinal acto que se desenvolverá na Terraza de Chicolino a partir das sete da tarde. A presidenta da entidade destacou a complexidade operativa que supón poner en marcha un servizo de venda online que aglutine establecementos con estilos e perfís tan diversos. De aí, o mérito de Deán Shop que inicia a súa andaina con cinco comerciantes pero con clara vontade de seguir medrando. A colaboración da Deputación da Coruña e do concello foi crucial á hora de poner en marcha este ambicioso proxecto. O alcalde destacou a importancia de contar con este tipo de ferramentas para dinamizar o comercio local onde a presenza das novas tecnoloxías non está aínda moi implantada. Ademais do apoio das administración, dende APECO quixeron agradecer a colaboración desinteresada de moitos profesionais: modelos, programadores ou fotógrafos que farán posible este domingo a posta de longo do Deán Shop.