Vilanova e a Pobra do Caramiñal crean a primeira guía valleinclaniana

    VILANOVA> A casa do Cuadrante, en Vilanova de Arousa, acolleu este martes a presentación da primeira guía conxunta das Casas Museo de Valle Inclán que se atopan nos municipios de Vilanova e a Pobra do Caramiñal. A Guía Vallinclaniana é un proxecto que xorde a raíz do 150 aniversario deste xenio das letras galegas para ilustrar as visitas dos forasteiros que chegan a Pobra do Caramiñal ou Vilanova de Arousa e visitan o Museo Valle Inclán ou a Casa Museo, buscando un pouco máis de información sobre este personaxe. Esta guía non vai a ser a única actividade que se realice con Valle Inclán como protagonista, así o afirmou o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo na súa intervención. A Casa Museo de Valle Inclán en Vilanova foi a localización elixida para presentar esta nova guía, na que estiveron presentes o a lcalde de Vilanova, o Secretario Xeral de Cultura e o director do Museo Valle Inclán da Pobra do Caramiñal. Este último, Antonio González, quixo deixar clara a importancia da guía debido a actualización da información que se recolleu na mesma. A guía estará dispoñible en tres idiomas o galego, o castelán e o inglés. Haberá unha tirada duns 15.000 exemplares e poderá obterse visitando a Casa Museo de Valle Inclán en Vilanova de Arousa ou visitando o Museo do escritor en A Pobra do Caramiñal. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/28/ptac_guia_valle_inclan_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/28/ptac_guia_valle_inclan_vilanova.mp4{/flowplayer}